viernes, 5 de junio de 2015

Opinan as persoas que traballan no barrio de Campolongo

Tamén fomos preguntar a opinión sobre o barrio de Campolongo aos traballadores do colexio de primaria que  se localiza no barrio. Estas foron as súas respostas:

  • 1º traballador: Son de Pontevedra, pero non vivo no barrio de Campolongo. Non viviría aquí porque  estou moi contenta no meu barrio. Opino que é un bo sitio para ubicar un colexio xa que está no centro da cidade, é un lugar moi espacioso e. ademais, hai moitos veciños por aquí. É un sitio moi cómodo para traballar, xa que non necesitas transporte. O que melloraría sería que destapasen o río para faceren un bonito paseo. Os rapaces dan moita vida a este barrio e sen eles Campolongo non sería así. Non creo que faga falla nada agora mesmo en Campolongo, e non temos ningunha necesidade importante. Sinceramente, non sei quen vive por aquí. Doulle un sete á calidade urbana, porque considero que ten moi boas rúas, parques e moita vida en conxunto. Aparentemente a seguridade diúrna é plena, doulle un sete.
2º traballador: Son de aquí,pero non vivo en Campolongo, aínda que me gustaría moito, xa que este é un moi bo barrio. É un sitio apropiado para un colexio, porque hai moitos nenos nesta zona grazas a el. Gústame o barrio, xa que está preto da miña casa e, ademais, é céntrico. Eu destaparía o Gafos, xa que é un manancial de natureza. A escola dá moita vida, por todas as actividades culturais que fan os rapaces nesta zona. Eu engadiría unhas pistas deportivas. E creo que ten necesidades de limpeza, máis que nada polos donos dos cans. Penso que as persoas son de renda alta. Doulle un seis á calidade urbana da zona, porque hai moitos atascos, sobre todo no verán. En seguridade doulle un sete, porque é un barrio bastante tranquilo, aínda que eliminaría as persoas dedicadas á búsqueda de aparcamento de forma informal. Penso que é un espazo vivísimo.

  • 3º traballador: Son de Pontevedra de toda a vida. Vivo no barrio porque me gusta moito esta zona e ademais teño o traballo aquí. Penso que é o lugar con máis verde de Pontevedra. Non é moi cómodo, porque no colexio hai moito alumnado, aínda que ten as mellores instalacións de toda Pontevedra. Na miña opinión deberían destapar o río. Encántanme os rapaces, porque se non os houbese, notaríase moito a súa ausencia . Este barrio é bastante completo, a nivel material. Quizais farían falla máis instalacións deportivas. A xente que vive por aquí é maior e conservadora, na súa maioría. Doulle un oito, porque ten parques, hai instalacións deportivas, insuficientes, pero hai moito tráfico. A seguridade, tamén doulle un oito, porque é bastante tranquilo, non soe haber accidentes nunca. Este espazo é un lugar moi vivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario