viernes, 12 de junio de 2015

A arquitectura no barrio de Campolongo

Campolongo

 Análise dos edificios que se atopan neste espazo.

Campolongo é un barrio en plena transformación, como o conxunto de Pontevedra. Hoxe está ubicado en pleno centro da cidade. Aquí tiveron lugar grandes e pequenas accións que van dende o convenio para urbanizar todo o espazo que ocupaba o vello cuartel ou a recuperación da canle do río Gafos,  ata as melloras nos xardíns, na mobilidade, na recuperación de pequenos espazos, nas infraestruturas, así como os plans de extensión da cidade cara a Mollabao ou cara á Avenida de Vigo.

Este barrio figura no arquivo local do censo de Galicia  que foi construido na fecha de 1961-01-01. Só se encontrou un promotor desta zona de Pontevedra,  o Ministerio de Vivenda ou Plan Nacional da Vivenda .
O  funcionalismo xorde  e  desenrólase  entre 1920 e 1930 como unha antítese do art noveau ,  é unha tendencia da arquitectura racionalista moderna que se viu influenciada polo neoplasticismo e o cubismo.

O seu  principio básico é a adaptación da forma á  función (rexeita o ornamento). O funcionalismo é un sistema constructivo que está de acordo coas esixencias económicas e técnicas para lograr un resultado artístico.

O funcionalismo é o movemento moderno e unha nova linguaxe que garantiza unha mellor eficiencia na producción de soportes para o consumo masivo, adecuándose ás esixencias económicas.
Movemento moderno: movemento arquitectónico de principios do século xx que consideraba á razón e á funcionalidad como os únicos organizadores válidos dos espacios humanos. Formou parte dos movementos de vanguardia.  A súa figura máis representativa foi Le Corbusier que busca a unión do útil co belo.

Uns dos puntos ou detalles máis importantes de este novo modelo de arquitectura son:

-Un deseño funcional

-A simplificación das estruturas arquitectónicas

-O uso de líneas ortogonais e de volúmes xeométricos

-A utilización do aceiro de formigón armado


- O emprego de pilotes o pilotis (un soporte cilíndrico que utiliza como elemento de sostén) e que eleva a vivienda principal do solo deixando libre o piso inferior para o garaxe.

-A planta libre, para colocar os tabiques con independencia dos piares e poder facer a distribución ao gusto do cliente.

-A fachada libre, para abrir ocos son as limitacións dos muros de carga.

-A ventana corrida (ventana cinta), para levar a luz a todos os rincóns, que discurre ao largo da súa planta principal.

-A cuberta-xardín, deseñada plana e con plantas, para gozar das vistas e dunha natureza domesticada.


   O barrio de Campolongo pódese introducir neste tipo de arquitectura debido ao diseño de bloque aberto que presesenta numerosas zonas axardinadas e o uso de formas xeométricas sinxelas, a utilización de acero e formigón e unha destacable fachada libre, en cada un dos immobeis do barrio podese observar a lo menos algún dos puntos xa ditos anteriormente coma a fachada libre en todos , zonas axardinadas e o uso de formas xeométricas sinxelas:




Comercios
Algúns baixos dos edificios están destinados a uso comercial ou administrativo.


Pero son escasos. A maioría dos edificios están destinados ao uso residencial. Estes son algúns dos comercios



Agora mesmo non hai ningún piso en rehabilitación , aínda que algún o precisaría dado o mal estado dalgunhas fachadas





A pesar disto Campolongo é un barrio con boa imaxe, espazos verdes e parques e paseos:


IGREXA DE SÁN JOSÉ

A igrexa parroquial sitúase no parque e xardíns de Campolongo, en cuxo redor atopamos as piscinas municipais e as canchas deportivas. A igrexa de San José está edificada sobre unha base de bonitos soportales, tan típicos na parte antiga da cidade  (como por exemplo na praza da Ferrería). Chaman a atención as dúas torres que se elevan hacia o ceo en forma circular.



Igrexa de San Xosé

PAZO DE LEIS

O predio do Pazo de Campolongo era propiedade dos Marqueses de Leis, que eran unha das familias máis destacadas de Pontevedra e que posuían, ademais, outras edificacións importantes na praza do Teucro e San Xosé. O pazo estendíase ó longo de todo o que hoxe en día é o polígono de Campolongo, bordeando o río dos Gafos.

A historia do edificio cambiou cando no 1943 a familia Leis decidiu alugalo á Delegación Provincial de Xuventudes. O pazo contaba con torre adosada e alameda, pombal e capela, formando un ángulo recto co resto do edificio.
Comezados os sesenta, coa actual urbanización de Campolongo en estado incipiente, o Pazo foi trasladado a Madrid, pedra a pedra, como pabellón de Pontevedra na Feria do Campo, que se celebraría na capital de España ata inicios dos setenta. Desde entón o Pazo, ou que queda del, pasou por varias fases, primeriro plantouse un eucaliptal  e nos últimos anos albergou un restaurante co "enxebre" nome de "A Casiña". 

Pero o nome do Pazo de Campolongo e a súa vinculación con el mundo del deporte non caerían no esquecemento, porque as súas pistas deportivas se convertéranse xa a medidos do século XX na cuna de algúns dos mellores deportistas da época.

Pazo de Paco de Leis
VIVENDAS PARA MILITARES

Este bloque de vivendas foi unha obra do arquitecto Xosé Bar Bóo, en Campolongo, un barrio de Pontevedra no ano 1965.


As tres funcións principais da vivenda están concentradas en espazos claramente definidos: zona de estancia familiar e zona de servizos, a ámbolos lados da entrada, e zona de dormitorios ao fondo, no lugar máis recóndito e oposto ao acceso. Dormitorio de servizo está separado dos demais dormitorios e situado inmediato ao aso e cociña, pero totalmente independente de esta para que poida ser utilizado, como esixía o programa. Sen ningunha dificultade como dormitorio de fillos, ou calquera outro destino. Así como as zonas de dormitorios e servizos teñen unha configuración interna fixa para proporcionar a adecuada peculiaridade e intimidade de funcións, a da zona de estancia familiar é modificable para que, libremente, o equilibrio determine a súa máis idónea forma de uso. Dous xogos de portas corredoiras ortogonais entre si articulan estes espazos. A través dun moble divisor de portas corredoiras facilitouse, tamén, o servizo directo dende a cociña ao comedor.

1 comentario:

  1. Debemos citar as fontes que nos permitiron redactar estes parágrafos.

    ResponderEliminar