jueves, 21 de mayo de 2015

Entrevistas aos veciños de Campolongo.

Introducción:
 Este ano, en colaboración co Proxecto Terra, estamos facendo un traballo sobre o barrio de Campolongo, a súa historia, opinións dos veciños, que melloras se poderían introducir... Neste apartado publicaremos as entrevistas aos vecinos do barrio.
 O barrio é calificado por moitos como o espazo de mayor calidade da cidade, debido as súas zonas verdes, a súa ubicación, os servizos cos que conta... Aínda así, a maioría dos veciños, por non dicir todos, creen que o barrio precisa iluminación e outras melloras relacionadas co mobiliario ou o coidado dalgunhas zonas verdes, tamén coinciden en que a idea de descubrir o río Gafos é absurda.


Preguntas:


1) Déalle unha valoración de 1 a 10 ao feito de vivir no barrio de Campolongo 
2) Por que lle dá esa cualificación? Que aspectos lle levan a valoralo dese xeito? 
3) Déalle unha valoración de 1 a 10 ao grao de seguridade do barrio. 
4) Por que lle dá esa valoración? 
5) Cre que un barrio onde hai calidade de vida? Por que?
6) Cre que evolucionou ben nos últimos anos? Por que ? 
7) Cre que é un espazo de encontro ou é un espazo morto? Por que? 
8) Cre que está ben así ou introduciría algunhas melloras? No caso de introducir melloras cales serían? Por que ? 
9) Que é o que máis lle gusta do barrio? 
10) Que é o que menos lle gusta deste espazo?
11) Cre que está coidado ou está en pleno proceso de decadencia? 
12) Que opina do mobiliario? Introduciría algunha mellora? Cal?
13) Bota en falta algo que observou noutros barrios e que podería mellorar significativamente este? 
14) Diría que é o espazo de maior calidade urbana da cidade? 
15) Que opinión lle merece o estilo construtivo dos edificios que ocupan este espazo?
16) Resulta un espazo ben iluminado polas noites? 
17) Cre que habería que potenciar máis este espazo ou cre que está ben así? 
18) Cre que ten todos os servizos ou escasea en algún aspecto? 
19) Sabía o que había antes neste espazo? 
20) Cre que este espazo está moi invadido polos coches? Cre que habería que habilitar un aparcamento subterráneo ou resulta innecesario?
21) Opina que hai suficientes zonas verdes ou cre que habería que introducir algunha mellora? 
22) Que opina sobre a idea de descubrir o curso do río Gafos ao seu paso polo barrio? 
23) Cre que segue a ser un espazo de encontro? 
24) Hai compromiso cidadá por parte dos seus habitantes? Hai participación na vida do barrio?
25) Cre vostede que o barrio está atendido polas autoridades locais?

Respostas:

Persoa 1:

1) 9.
2) Porque é unha zona ampla con arbolado moi rico e variado.
3) 8.
4) Porque atópoo seguro de día, pero non tanto pola noite.
5) Sí, porque é amplo, ten zonas verdes, un bó colexio, as vivendas están bastante ben e son bastante recentes, unha boa igrexa, varios supermercados e cafeterías e bós espazos para pasear e que xoguen os nenos.
6) Non evolucionou moito.
7) De encontro. Porque hai espazos para que xoguen os nenos e para pasear.
8) Está ben, aínda que precisa máis iluminación e mellorar algúns camiños, xa que cando chove neles hai lama..
9) Que é amplo e conta con moitas zonas verdes.
10) É moi ventoso.
11) Podería estar máis coidado e limpo.
12) Bancos máis cómodos.
13) Máis espazos para andar en bicicleta.
14) Sí.
15) Poderían estar mellor distribuídos.
16) Non, precisa máis iluminación.
17) Está ben así.
18) Ten todos os servizos cerca e ben situados.
19) A estación de ferrocarril.
20) Non, hai suficientes.
21) Hai suficientes.
22) Paréceme absurdo, pois hai tres centros escolares nas marxes e supondría un perigo para os alumnos.
23) Sí.
24) Non moito, participan sempre as mesmas persoas.
25) Non, fai faia máis vixiancia.



Persoa 2:

1) Un 8
2) Porque é un barrio tranquilo e con zonas verdes
3) Un 7
4) Creo que pódese ir tranquilamente a calquera hora do día
5) Sí. Pola tranquilidade e tes todo cerca
6) Supoño que sí; pero non levo moito tempo e non coñezo moito o tema
7) De encontró; ten espazo para os nenos e para os xóvenes que é importante nestes tempos
8) No caso de introducir melloras cales serían? Por que ? Todo é mellorable pero creo que así non está mal
9) Os espazos verdes
10) En xeral, gústame todo
11) Está ben, pero teríamolo que coidar mellor
12) Non
13) Non
14) Creo que sí
15) En xeral antigo, pero ben distribuído, o que permite moita luz nas vivendas
16) Podía estar mellor iluminado
17) Está ben
18) Dos básicos temos todos
19) Algo sí, non moito
20) Hai suficientes
21) Hai suficientes
22) Penso que é moi complexo e gústame cómo está
23) Sí
24) Supoño que non moito. Sempre participan os mesmos.
25) Sí.



Persoa 3:


1) Un 9.
2) Porque pódese ir andando a todas partes, temos bó acceso a todos os sevizos e hai moitas zonas verdes e de paseo.
3) Un 8.
4) Peleas ocasionais entre os “gorrillas”.
5) Sí. Porque tes todo cerca e os nenos poden xogar tranquilas na zona do parque.
6) No xeral, sí. Porque conserva zonas verdes e melloranron moito os accesos para as sillas dos nenos e os minusválidos.
7) De encontro. Porque ten prazas, zonas para xogo e terrazas.
8) Arreglar a zona do parque.
9) Que é unha ona agradable para pasear.
10) Gustaríame que estivera máis limpo.
11) Deberíamolo coidar máis.
12) Iluminación, bancos máis cómodos e máis papeleiras.
13) Zona de parque limpa e coidada para que a xente poda tumbarse, descansar...
14) Sí.
15) En xeral antigo.
16) Non.
17) Pódese potenciar máis.
18) Do básico ten todo.
19) A estación do tren.
20) Habilitar un aparcamento subterráneo con prezos asequibles para que a xente realmente o utilize.
21) Hai suficientes.
22) No, opino que non é unha boa idea porque é un espazo moi utilizado por todos os veciños, especialmente nenos pequenos. Ademais ese diñeiro podería empregarse a ter os espazos máis coidados.
23) Sí.
24) Podería haber máis.
25) Poderían estar máis.


Persoa 4:


1) Un 8
2) Porque é un barrio moi cómodo con zonas verdes para que xoguen os nenos pequenos
3) Un 6
4) Porque por algunas zonas, cando é de noite, case non hai iluminación e polas zonas de carretera
5) Sí bueno; dentro do que cabe… Porque non hai moitas cafeterías e cousas así cheas de xente
6) Home, evolucionar evolucionou pero non moito
7) De encontro, porque hay moita xente vivindo nel e iso
8) Zoas de aparcamento, porque os coches invaden as rúas.
9) As súas instalación, todas
10) O que menos gústame son as as zonas das pistas pola iluminación
11) Coidado.
12) Non, que se me ocorra a min, no
13) A verdade e que nunca fixeime
14) Pode ser, pero non o sei con exactitude
15) Podía ser mellor
16) Non, para nada
17) Non viña mal potencialo un pouco máis
18) Non, niso non escasea
19) Unha vía de ferrocarril, creo
20) Non. Sí resultaría moi práctico para os que traballan na zoa
21) Hai bastantes
22) Non opiño iso, tanto me ten
23) Sí
24) Depende, nalgúns sí hai pero noutros non
25) Sí, moitísimo

Persoa 5:


1) Un 9.
2) Porque é un barrio con zonas verdes, céntrico e cómodo.
3) Un 8.
4) Pódese ir tranquilamente a todas as horas do día e os nenos poden baixar sós ao parque.
5) Sí, porque dentro do que cabe está bastante coidado e tes todo cerca.
6) Non sei, levo pouco tempo aquí.
7) De encontro.
8) Está ben, aínda que precisa iluminación e bancos máis cómodos.
9) As zonas verdes.
10) A falta de iluminación e algunas zonas descoidadas do parque.
11) Está coidado, mais podería estar mellor.
12) Bancos máis cómodos.
13) Non.
14) Sí.
15) Alguna son vellos, pero tienen miota luz.
16) Non.
17) Está ven así, pero habería que introducir as melloras que dicen antes.
18) Do básico ten todo, menos un centro de sanidade.
19) Un pazo e a estación de ferrocarril.
20) Habería que ampliar o que xa hemos preto dos edificios da Xunta.
21) Hai suficientes.
22) É absurdo, hai tres centros escolares nas súas beiras.
23)Sí.
24) Non moito, participan siempre os mesmos. 
25) Sí.




martes, 19 de mayo de 2015

O barrio de Campolongo a diferentes horas do día

O alumno Carlos Argibay coordinador dun grupo de traballo di:
"Neste tempo de traballo observamos que o barrio de Campolongo é un espazo moi utilizado cando as condicións atmosféricas son boas pero ninguén ronda por alí coa chuvia debido a falta de espazos protexidos desta.


É unha zona ocio-deportiva onde podemos ver como cambia o tipo de xente a distintas horas do dia, dias da semana e lugares dentro de este barrio.
O barrio conta con numerosos bares e con algúns restaurantes, o que fai que  non perda vida a hora de comer e serva como espazo para xogar para os nenos pequenos mentras os seus pais, avós, etc... están de sobremesa.
No verán e no inverno organízanse varias actividades que dan vida ao barrio pola noite e isto a súa vez fai de Campolongo un lugar máis seguro."