martes, 19 de mayo de 2015

O barrio de Campolongo a diferentes horas do día

O alumno Carlos Argibay coordinador dun grupo de traballo di:
"Neste tempo de traballo observamos que o barrio de Campolongo é un espazo moi utilizado cando as condicións atmosféricas son boas pero ninguén ronda por alí coa chuvia debido a falta de espazos protexidos desta.


É unha zona ocio-deportiva onde podemos ver como cambia o tipo de xente a distintas horas do dia, dias da semana e lugares dentro de este barrio.
O barrio conta con numerosos bares e con algúns restaurantes, o que fai que  non perda vida a hora de comer e serva como espazo para xogar para os nenos pequenos mentras os seus pais, avós, etc... están de sobremesa.
No verán e no inverno organízanse varias actividades que dan vida ao barrio pola noite e isto a súa vez fai de Campolongo un lugar máis seguro."





1 comentario: