sábado, 18 de abril de 2015

Cuestionario inicial de traballo en equipo

Premendo aquí poderás acceder ao custionario de traballo de cada equipo.
A clase de 3º ESO A dividiuse para abordar cada unha das partes das que consta esta tarefa de pescuda.
Cuestionario de traballo sobre o barrio de Campolongo

Benvida ao alumnado e ás súas familias

Coa creazón deste blog pretendemos contar cun lugar onde volcar a información obtida na análise dun barrio da cidade realizada polo alumnado de 3º da ESO, na materia de Ciencias Sociais.
No momento educativo actual é moi importante vencellar os contidos curriculares coa contorna máis próxima ao alumnado, de xeito que poida poñer en práctica os seus coñecementos, elaborar un pequeno traballo de investigación e, sobre todo, conectar coa realidade para facer unha pequena contribución á sociedade na que vive.
Este blog será a fiestra pola que iremos dando a coñecer os avances na análise do barrio de Campolongo.

No temario de xeografía e nos obxectivos de etapa de 3º da ESO hai unha referencia clara á necesidade de promover o coñecemento e desenvolver a sensibilidade sobre a ordenación do territorio. Con este fin, o departamento de Ciencias Sociais pretende desenvolver o tema proposto para este curso por parte do Proxecto Terra (promovido polo COAG), adicado ao estudo dun barrio co fin de elaborar unha mellora para o mesmo.
Eliximos Campolongo porque é un barrio próximo ao centro, onde viven algúns dos alumnos e alumnas participantes e porque ten unha estrutura de bloque aberto que rachaba co tecido construtivo, previo aos anos setenta, existente en Pontevedra.
Este traballo proporcionará diversos coñecementos sobre:

  • Unha época histórica, indagando sobre a ocupación anterior dese espazo
  • Un modelo de creazón de vivenda promovida pola Obra Sindical do Fogar do réxime franquista
  • Un estilo construtivo e unha forma de ocupar o espazo urbano
  • Os usos do solo neste barrio
  • O perfil social dos habitantes do barrio
  • O grao de satisfacción dos seus moradores e os elementos que propician ese sentir

Fomentará:

  • O traballo de campo
  • O traballo en equipo e colaborativo
  • O diálogo coa veciñanza e as súas asociacións
  • O desenvolvemento dun compromiso cidadán
  • Un servizo á comunidade
Este traballo non deixa de ser unha tarefa escolar, pero queremos contar coa colaboración de toda a comunidade escolar; axudándolles a eles tamén aprendemos nós.
Unha vez rematado o volcado de información neste blog, procederemos a crear un informe DAFO sobre o barrio, é dicir, unha matríz de Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades. Con toda esta documentación entrevistaremos aos representantes dos veciños e  pasaremos a deseñar a proposta de mellora que enviaremos ás nosas autoridades locais. Esta será a nosa contribución ao Proxecto Terra e á propia sociedade de Pontevedra.