viernes, 12 de junio de 2015

Percepción do espazo no barrio de Campolongo

Campolongo é un espazo que está máis habitado os venres pola tarde. Hai moitos nenos xogando, montando en bici..etc. Non é un lugar de referencia para quedar.Algúns dos espazos para poder quedar serían, máis ben, a Alameda, a praza de España, a Ferrería..,
Non hai xente esperando unha por outra. Pola tardes adoita haber bastantes grupos familiares o que evita que sexa un espazo morto. Polas mañás, en cambio, hai bastante máis tranquilidade.
As actividades que animan este espazo son as canchas polideportivas e a piscina. O sector de idade que con máis frecuencia ocupa este espazo son as persoas da terceira idade. Os lugares que no se ocupan son debido ao seu pouco atractivo.
Os nenos pequenos xogan polos espazos abertos deste barrio. É un sitio de lecer cunha ampla zona para andar en bici e xogar co balón acompañados dos seus pais.
Non abondan moitas pandas de adoslecentes, salvo nas pistas polideportivas, pero sí hai bastantes persoas de avanzada idade paseando polos camiños ou sentados nos bancos.
A xente adoita ir a este lugar por ser un espazo tranquilo e máis afastado do centro.
Os espazos verdes poderían estar mellor, mesmo as veces poden estar sucios e descoidados, ao permitirse que os cans destrúan o céspede. Ao non ter unha valla as persoas e os cans, xogando, deterioran a herba.






No hay comentarios:

Publicar un comentario