lunes, 8 de junio de 2015

Historia de do barrio de Campolongo

CAMPOLONGO: ONTE E HOXE
No  seu comezo o barrio de Campolongo era un barrio pequeno formado por tres emblemas: o cuartel, o colexio de cegos e un pazo.
O pazo foi propiedade de varias dinastias, de la Vega, Salazar, Figueiroa, os Montenegro e os Mendoza. En 1943, en pleno franquismo, o pazo pasou a mans do Frente de Juventudes, que o convertiu na súa sede principal. Este creou grandes campos de pistas polideportivas detrás do actual instituto de estadística, que foi un centro social donado á facenda pública.

O pazo de Campolongo. Na primeira imaxen, á esquerda pódese ver a Audiencia Provincial.

O pazo dos Marqueses de Leis

Na década de 1950 Francisco Franco mandou traslada o pazo pedra a pedra cara á Casa de Campo (Madrid).
Ata a década de 1950 o barrio albergaba a estación de ferrocarril da cidade onde hoxe está a Praza de Galicia.




O barrio de Campolongo cando aínda estaba a estación e o ferrocarril. Á dereita, a Avenida de Vigo. Ao fondo no ángulo superior esquerdo, imaxen da Audiencia Provincial ou antigos xuzgados da rúa Rosalía de Castro ou Salvador Moreno como se lle coñecía.






Co derribo da estación vella empezou a expansión da cidade hacia o barrio de Campolongo. 

Campolongo xa sen estación












Nos anos 60  coa mudanza da estación, co crecemento demográfico e coa construción do Complexo Militar de Pontevedra neste barrio,   impulsouse a construción do Polígono de Campolongo facendo crecer o barrio debido á iniciativa do Ministerio de Vivenda  cun parque central, a igrexa de San Xosé e o CEIP Campolongo. Hoxe, o sur da parroquia está ocupada por urbanizacións de vivendas unifamiliares. O antigo Cuartel demoleuse, e no seu lugar está o Complexo Administrativo de Campolongo, que alberga a delegación da Xunta, a Axencia Tributaria e varios edificios residenciais.

Comezaba a edificación da rúa Augusto Gonzalez Besada













O parque de Campolongo












Obras e pavimentación da rúa General Rubín en Campolongo



Actualmente é un lugar que responde ao concepto de praza na  que existen diferentes elementos vexetais xerando este espazo que varía coas estacións e co paso das horas do día.  A súa forma cuadrangular agocha no seu interior diferentes zonas de tránsito para ser cruzada polos peóns, unha disposición que variou alguna que outra vez para intentar que fose o máis cómoda posible para o cidadán. No seu arredor a calzada permite o tránsito dos vehículos, entre eles os autobuses urbanos, que teñen a súa parada dos seus laterais. A parte de edificios máis antigos cara a praza é a que ocupa a mazá máis cercana ó núcleo da cidade, a que vai entre as rúas de Andrés Muruais e Augusto González Besada. Na praza central atópanse tendas adicadas aos electrodomésticos , tinturería, droguería, oficinas bancarias, de seguros, ou axencias de viaxes, xunto coa sede da ONCE, que son parte da oferta comercial que amosa esta praza.
Ademáis é un barrio cheo de  zonas verdes. Estas sitúanse na Praza de Galicia; no parque de Campolongo; na zona do Río Gafos; que como dicíamos antes, variaba coas estacións. As súas luces son diferentes, e a vexetación vai modelando un lugar que, rodeado de altos edificios, xorde como un oasis no que refuxiarse.
 Podemos calificar as vivendas como vivendas de tipo medio nas que a utilidade e funcionalidade das mesmas priva sobre o inecesario, e no exentas por isto da calidade e servizos que a moderna construcción esixe e a familia demanda.
 





1 comentario:

  1. Necesito as vosas referencias bibliográficas. Non podemos publicar algo sen referenciar as fontes

    ResponderEliminar